Natalia López di adeus á tempada co Arxil ao romper o ligamento cruzado do seu xeonllo

Pontevedra
28 de outubro 2019

Malas novas para o conxunto pontevedrés, que perde por unha grave lesión a un das súas fichaxes da tempada. "Lo que más rabia me da es que estaba muy a gusto en el equipo", recoñece a base leonesa

Natalia López, no partido entre Arxil e Celta no CGTD
Natalia López, no partido entre Arxil e Celta no CGTD

Malas novas para o Club Baloncesto Arxil, que perde polo que resta de curso a un das súas fichaxes, Natalia López.

Tras caer lesionada no partido ante o ADBA Avilés, a base leonesa someteuse a unha resonancia magnética revelando a mesma que sofre unha grave lesión no seu xeonllo dereito.

En concreto López rompeu o ligamento cruzado do xeonllo e tamén o menisco interno, polo que permanecerá de baixa entre 6 e 8 meses desde a data dunha operación que xa espera para comezar canto antes coa súa recuperación.

"La verdad es que ya me lo esperaba desde el momento en el que me pasó", recoñeceu este luns a PontevedraViva.

"Lo que más rabia me da es que estaba muy a gusto en el equipo, habíamos hecho una piña muy buena, creo que lo estábamos haciendo bien y lo podíamos hacer mejor", explica a xogadora, que chegou no verán procedente do Patatas Hijolusa de León.

Ante esta baixa, o Arxil debe decidir agora se realiza un esforzo para incorporar unha substituta e que rotación do equipo non se vexa penalizada.