Inicio de tempada con bo pé para o piragüismo pontevedrés.
O encoro ourensán de Castrelo de Miño acolleu a fin de semana a primeira competición da tempada na comunidade co Campionato Galego de Inverno.
Foi unha regata para embarcacións K-4 e C-4 sobre unha diatancia de 3.000 metros e na que participaron máis de 600 padeeiras.
Na categoría senior masculina, o Club Naval de Pontevedra levou a vitoria, escoltado polo Fluvial de Lugo e a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra.
Pola súa banda na feminina, o Piragüismo Verducido dominou, co Kaiak Tudense e o Club de Mar Ría de Aldán completando o podio.
As categorías xuvenís foron dominadas polo Fluvial de Lugo, que se impuxo tanto en homes como en mulleres.
En cadetes, o Club de Mar Ría de Aldán levou o ouro en masculino, mentres que o Club Ría de Betanzos fixo o propio en feminino.
O protagonismo dos máis novos quedou en mans do Club Confraría de Pescadores Portonovo, vencedor en infantil masculino, e do Club de Mar Ría de Aldán, en feminino.
Entre os veteranos, os títulos foron para o Club Ría de Betanzos en homes e o Breogán do Grove en mulleres.