Máis lonxe dos postos de play-off. Negreira e Arosa repartiron puntos nun partido que deixa a ambos en terra de ninguén, lonxe da zona de risco, pero lonxe igualmente da cabeza da táboa, especialmente tras a vitoria do Deportivo B, que deixa aos arosistas a sete puntos da cuarta praza.
Aos de Piscis, especialmente, sábelles a pouco o punto cultivado no García Calvo, xa que tiveron ata tres ocasiones claras para desnivelar o marcador. Primeiro Alberto Carballa cun remate que saca a defensa na mesma liña e logo Fran Fandiño, con outro gran remate, puideron adiantar ao Arousa no primeiro tempo.
No segundo acto Adrián Camiño tivo outra gran oportunidade na interior da área grande, pero o seu remate foise moi alto. Os locais tamén tiveron algunha ocasión, a máis clara no minuto 85 cun remate que terminou estrelándose no poste. Ao final empate a cero e repartición de puntos que deixa aos dous equipos na zona media da táboa.
Consulta aquí o acta do partido.