No río Lérez resoan os tambores do Festival Dragon Boat

Pontevedra
17 de febreiro 2018

É a primeira vez que se desenvolve esta proba de orixe chinesa en Galicia. A competición ten a particularidade de que un dos tripulantes das piraguas fai soar un tambor

I Festival Dragon Boat Cidade de Pontevedra
I Festival Dragon Boat Cidade de Pontevedra / Diego Torrado

Afeccionados ao piragüismo con certa curiosidade achegábanse na tarde deste sábado ata o pantalán do río Lérez para ver en vivo unha competición inédita en Galicia, o primeiro Festival Dragon Boat Cidade de Pontevedra.

Este evento que ten as súas referencias en China desenvólvese con piraguas nas que un dos tripulantes toca o tambor marcando o ritmo.

Cada embarcación está formada por 10 persoas, 8 dedícanse a remar, unha exerce de temoneiro e outra de capitán ao tambor. A competición desenvolvese con duelos directos e as distintos cruces realizáronse atendendo a un sorteo previo realizado polo árbitro.

A proba reducíase en Pontevedra a un percorrido de 200 metros.