O Arxil segue apostando forte pola súa canteira. O club pontevedrés confirmou este martes que a xogadora Noa Casalderrey formará parte do plantel de Liga Feminina 2 durante a próxima tempada 2017-2018.
Casalderrey leva no Arxil desde a categoría minibasket e, segundo o club, sempre se caracterizou por ser unha xogadora moi defensiva e cunha gran achega ao equipo.
Na última tempada, destacan, mellorou a súa porcentaxe de tiro e desde o pasado nadal converteuse nunha xogadora fixa nas convocatorias do primeiro equipo.
Para o Arxil trátase dunha xogadora de futuro que, aos seus 22 anos, ten unha progresión ascendente tanto desde o punto de vista físico como técnico.
A xogadora completará a posición de alero do cub xunto a María Lago e Charles Chantel.