Faltaba boa parte do equipo ao atoparse en época de exames, pero non por iso a homenaxe brindada este martes pola Deputación de Pontevedra ao Club Cisne foi menos merecido.
A institución provincial organizou unha recepción ao club pontevedrés despois do seu brillante ascenso á máxima categoría, un ascenso que "é unha grande noticia", sinalou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.
A dirixente reafirmou a condición de Pontevedra como "unha referencia indiscutible no balonmán" xa que "non hai outra provincia con catro equipos na elite, neste caso dous masculinos e dous femininos", afirmou.
Silva piropeou ao Cisne por ter "algo particular, que é a vosa aposta pola canteira", ademais de ser un "equipo serio que non vos lanzades á piscina sen auga".
No acto tamén interveu o presidente cisneísta, Santi Picallo, para quen o ascenso a principio de tempada "non era nin un soño".
Na homenaxe ocupou un lugar especial Jose Covelo, traballador da Deputación e socio número 1 do Cisne, que non quixo perder a cita a pesar de atravesar un delicado estado de saúde.