O Cisne 'ficha' un novo patrocinador principal para a súa estrea na Liga Asobal

Pontevedra
03 de xullo 2020

O club pontevedrés pasará a chamarse Dicsa Modular Cisne en virtude dun acordo que garante os recursos económicos necesarios para dar o salto á máxima categoría

Presentación do novo patrocinador principal do Cisne
Presentación do novo patrocinador principal do Cisne / Mónica Patxot

Desde a confirmación do seu histórico ascenso á Liga Asobal, o Club Cisne púxose ao choio para tentar lograr os recursos económicos necesarios que lle permitisen confirmar o salto á máxima categoría case doblando o seu orzamento.

A procura prioritaria era a dun novo patrocinador principal, e as xestións frutificaron cun acordo que foi presentado como a "fichaxe máis importante da tempada", segundo sinalou o presidente do club, Santiago Picallo.

A partir de agora a denominación do equipo será a de Dicsa Modular Cisne, ao asociarse co grupo pontevedrés JRU, do sector da construción.

Este acordo permite ao Cisne "ter maior tranquilidade" a nivel económico, sinalou Picallo, tanto que "neste momento o equipo sae ao 100%" na Liga Asobal, confirmou o dirixente.

Na presentación do novo patrocinador un dos responsables da firma, Juan Ramírez, afirmou que "para nosa empresa e para toda a cidade é un orgullo ter un equipo 100% galego na máxima categoría".

O compromiso adquirido co novo patrocinador principal, cuxo logo irá estampado no frontal da camiseta, estenderase en principio por unha tempada.