Era unha das principais dúbidas do Cisne na planificación do seu plantel e á vez unha das renovacións que con máis ansias esperaba, ao tratarse dunha xogador clave e con experiencia na máxima categoría.
David Chapela decidiuse finalmente por seguir un ano máis no club, confirmando este xoves a súa renovación.
"Es cierto que ha sido una decisión difícil por mi parte por motivos laborales pero creo que es un año que no me podía perder", recoñeceu o central pontevedrés tras pechar a súa continuidade, e é que as súas dúbidas chegaban polo esforzo que supoñerá compaxinar a competición na Liga Asobal co seu traballo fóra das pistas, motivo polo precisamente hai un ano desvinculouse do Cangas.
Chapela está convencido de que "este año histórico va a merecer la pena", polo que quere ser partícipe diso.
RENOVACIÓN | ¡Buenos días! Arrancamos jornada con otra esperada renovación... @DavidChapela también jugará con nosotros en #asobal ¡Grande Chape! #SomosCisne #SomosAsobal #OrgullososdoNoso pic.twitter.com/uo0uLZnEEZ
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 9, 2020
Coa súa renovación o Cisne conta xa con 13 xogadores confirmados para a próxima tempada, ao sumarse a unha lista na que xa figuraban: Miguel Simón, Daniel Ramos, Álex Chan, Alejandro Conde, Álvaro Preciado, Pablo Gayoso, Dani López, Jose Leiras, Iván Calvo, Jorge Villamarín, Gonzalo Carró e Carlos Pombo.
TROFEO DO ROSAL
Outro punto na actualidade do Club Cisne empeza a ser a súa pretempada, coa primeira data asegurada dentro da súa preparación estival.
O conxunto pontevedrés foi confirmado como un dos catro participantes do XXII Trofeo Concello do Rosal que se disputará o 22 e 23 de agosto e no que ademais dos anfitrións Atlético Novás e do propio Cisne estarán presentes dous equipos da Superliga portuguesa, o FC Porto e o Sporting de Portugal.