Como xogador foi parte importante do ascenso hai anos do Club Cisne Balonmán á División de Honra Prata, e aínda que agora estea afastado das pistas non quere perder o debut do equipo na máxima categoría.
Centrado agora como está no seu labor profesional como fisioterapeuta, Iván Abilleira seguirá un ano máis ligado á entidade cisneísta como recuperador do primeiro plantel.
Lonxe quedan xa os seus goles como extremo, pero co seu labor confía en poder colaborar nun ano histórico para a entidade.
"Estoy muy contento de seguir un año más como fisioterapeuta del Club Cisne en este año tan especial", recoñeceu Abilleira tras confirmase a súa continuidade dentro do corpo técnico.
Para o ex-xogador "el club merece sin duda estar en Asobal por todo el esfuerzo que lleva realizado estos años", un esforzo que pode considerar tamén como propio.
RENOVACIÓN | ¡Buenos días! Esta temporada en @ASOBAL contaremos de nuevo con #IvánAbilleira como fisioterapeuta del primer equipo ¡Encantados de qué sigas con nosotros Iván! #SomosCisne #SomosAsobal #OrgullososdoNoso pic.twitter.com/bxQzvHmiIb
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 20, 2020