O Cisne finaliza a tempada con superávit pero "muy preocupados por los posibles rebrotes"

Pontevedra
25 de xullo 2020

O conxunto pontevedrés, que volveu aos adestramentos esta semana despois de catro meses afastado das pistas, celebrou este venres unha Asemblea Xeral Ordinaria "tranquila" coa orde do día de revisar as contas da pasada tempada e poñer en común as da próxima

Santiago Picallo Búa, presidente do CB Cisne
Santiago Picallo Búa, presidente do CB Cisne / Mónica Patxot

"Con mucha incertidumbre y asustados", así están a vivir no Club Cisne Balonmán as semanas previas ao comezo da Liga Asobal.

O conxunto pontevedrés, que volveu aos adestramentos esta semana despois de catro meses afastado das pistas, celebrou este venres unha Asemblea Xeral Ordinaria "tranquila" coa orde do día de revisar as contas da pasada tempada e poñer en común as da próxima.

Segundo explicou o presidente cisneísta, Santi Picallo, "las cuentas están bien" xa que finalizaron a campaña cun superávit de 365 euros. Agora teñen que pensar na próxima, para a que, nun principio, terán que abonar unha cantidade de case 434.000 euros. Dentro desa cifra está contemplada a seguridade social, os salarios dos xogadores e corpo técnico, e os 43.000 euros que aínda non saben se terán que pagar a Asobal que, "en caso de no tener que pagarla, nos liberará", comentou o dirixente.

Trátase dunha cifra moi elevada que pode axudar ao club para fichar un xogador de primeira liña, figura para a que "estamos cortos", recoñeceu Picallo. Nun principio, o club tiña pensado botar man de Víctor Fernández, pero rompeu cruzado en Nadal e "está justito". Xogará no SAR de Redondela, filial para o club pontevedrés durante esta nova tempada onde o xogador recuperarase para "en enero o febrero jugar con el primer equipo en Asobal".

Polo momento, o futuro da nova campaña está no aire, polo menos en canto a asistencia refírese. "Hay que guardar medio metro por cada lado, lo que baja la asistencia del Municipal a 400 asientos", explicou Picallo, que espera que o "modifiquen" debido a que van sacar a campaña de socios o vindeiro martes "estamos pendientes porque como los socios no puedan ir a los partidos habrá que devolverles el dinero".

No Cisne son conscientes do problema que supón reducir o aforo nos pavillóns e as medidas de seguridade. Aínda que agora están a adestrar sós e teñen o pavillón para eles, "en dos semanas volverán Leis y Teucro, así que a ver cómo se organiza", comentou Picallo, que afirmou estar "muy preocupado por los posibles rebrotes".