Ao choio: O Cisne inicia inicia a preparación da tempada máis ilusionante da súa historia

Pontevedra
22 de xullo 2020

O club pontevedrés regresou este mércores aos adestramentos para empezar a prepara o seu debut na Liga Asobal. "Entendemos que hay pocas posibilidades de mantenerse, hay que ser realistas, pero las pocas que hay las vamos a pelear con uñas y dientes", asegura o adestrador do equipo,  Jabato

Primeiro día de pretempada do Cisne 20/21
Primeiro día de pretempada do Cisne 20/21 / Mónica Patxot

Primeiros pasos da tempada máis especial na historia do Club Cisne Balonmán. O conxunto pontevedrés regresou este mércores aos adestramentos para empezar a preparar o que será o seu debut na máxima categoría, a Liga Asobal.

O Pavillón Municipal dos Deportes, nova 'casa' do equipo deixando atrás o CGTD, foi o escenario da volta para os pontevedreses cunha dobre sesión de mañá e tarde pero de pouca intensidade para previr no posible lesións tras máis de 4 meses afastados das pistas.

"Hay que empezar despacio", recoñece o técnico do equipo, Jabato, que revela que "aún estamos a expensas de lo que pase porque no tenemos un protocolo claro más allá del que nos ha pasado el Concello".

Polo momento "el balonmano pasa a un segundo plano", explica sinalando que o primeiro para os xogadores será ir recuperando o ton físico.

O ascenso supuxo en todo caso un importante cambio para un plantel que se profesionaliza, e que pasará a traballar principalmente en dobres sesións porque "hay que entrenar mucho más, prepararse" para a esixencia da categoría.

Jabato: "Entendemos que hay pocas posibilidades de mantenerse, hay que ser realistas, las pocas que hay las vamos a pelear con uñas y dientes"

No Cisne son conscientes de que "este año con cuatro descensos va a estar muy cara la permanencia". Con todo aínda que "entendemos que hay pocas posibilidades de mantenerse, hay que ser realistas, las pocas que hay las vamos a pelear con uñas y dientes", avanza Jabato, para quen una das claves será "adaptarse rápido a la categoría".

A intención do corpo técnico durante a pretempada é poder disputar "cinco o seis partidos" se a evolución do Covid o permite, todo para chegar nas mellores condicións posibles á estrea ligueira prevista para o 2 de setembro. Polo momento neste sentido as únicas datas conformadas corresponden á Supercopa de Galicia e ao Trofeo do Rosal.

Na volta aos adestramentos participaron os xogadores do primeiro equipo xa confirmados con anterioridade como son os renovados Javi Vázquez, Pablo Picallo, Andrés Sánchez, David Chapela, Miguel Simón, Daniel Ramos, Álex Chan, Alejandro Conde, Álvaro Preciado, Pablo Gayoso, Dani López, Jose Leiras, Iván Calvo e Jorge Villamarín e os fichados Gonzalo Carró e Carlos Pombo. A eles sumáronse xogadores xóvenes como Mateo Arias, Carlos Álvarez, Daniel Virulegio e o gardameta Pablo González, recentemente incorporado do Carballal.