O novo proxecto do Arosa bota a andar con ambición

O Salnés
28 de xullo 2025
Actualizado: 18:21

O Campo de Fútbol Manuel Jiménez foi escenario este luns do inicio oficial da pretemporada do Arosa

Primeiro adestramento do Arosa 25 26
Primeiro adestramento do Arosa 25 26 / Arosa SC

O novo proxecto deportivo do Arosa SC está por fin en marcha.

Despois da profunda renovación vivida este verán, coa chegada de Gonza Fernández ao banco da Lomba, o club arlequinado fai borrón e conta nova e volve mirar ao seu futuro con ambición.

O Campo de Fútbol Manuel Jiménez foi escenario este luns do inicio oficial da pretempada, co seu primeiro adestramento.

Por diante, mes e medio de preparación até a estrea ligueira prevista para o 7 de setembro, data na que o Arosa recibirá o Silva na Lomba.

Pendentes da participación do equipo na Copa Federación, cuxa traxectoria pode variar os compromisos amistoso previstos, Gonza deseñou pretempada con oito encontros.

O primeiro deles non chegará até o mércores 6 de agosto ante o Puebla CF (campo de fútbol de Zacande).

Despois chegará a Copa Federación cun Arosa-Alondras en Vilagarcía o sábado 9 de agosto.

Seguiranlle por esta orde:

- 15 de agosto: Arosa SC - Bergantiños FC. Trofeo San Roque. Estadio Municipal A Lomba
- 17 de agosto: Arosa SC vs RC Deportivo Fabril. Estadio Municipal A Lomba
- 20 de agosto: Portonovo SD vs Arosa SC. Campo de Fútbol Municipal de Baltar
- 23 de agosto: Arosa SC vs Coruxo FC. Estadio Municipal A Lomba
- 27 de agosto: Cidade de Ribeira CF vs Arosa SC. A Fieiteira
- 30 de agosto: Arosa SC vs CD Lugo B. Estadio Municipal A Lomba