O 3x3 do Arxil refúxiase no pavillón universitario

Pontevedra
24 de agosto 2017

A XVI edición do torneo de baloncesto na rúa do Arxil, prevista para o vindeiro sábado 26 de agosto, celebrarase baixo teito ao estar ocupada a zona da praza de España coa rodaxe dunha película

Presentación do XVI Torneo 3x3 do Arxil PontevedraViva

A XVI edición do Torneo 3x3 de baloncesto na rúa que organiza tradicionalmente o Club Baloncesto Arxil disputarase baixo teito. 

Trátase dunha decisión de emerxencia para salvar a competición, xa que a súa actual localización na contorna da praza de España atópase estes días ocupada pola rodaxe da película 'La Sombra de la Ley'.

Desta forma o club verde decidiu trasladar o evento, previsto para a xornada do sábado 26 de agosto, ao pavillón universitario, aínda que a idea o volver á súa localización habitual na próxima edición.

A pesar da competencia con outras probas similares en Vigo e Sarria, medio cento de equipos anotáronse a un dos torneos clásicos da época estival, e que se disputará desde as 10:30 horas da mañá ata ao redor das 20:00 horas.

Como na pasada edición, o concurso de triplos que se organiza de forma paralela servirá para render homenaxe a un xogador habitual do torneo tristemente falecido hai algo máis dun ano, levando por tanto o nome de Tiago Gómez Lor.