A sesión deste xoves no segundo campo do Complexo Deportivo Municipal Manolo Barreiro da Xunqueira foi diferente para o Pontevedra Club de Fútbol, ou polo menos para os responsables técnicos do primeiro plantel granate.
Nas bancadas do campo atopábanse, atentos ás evolucións dos futbolistas e adestradores, un grupo de alumnos do ciclo formativo de Técnico Superior en Fútbol Nivel III, incluído na oferta educativa do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Toda unha 'master class' que incluíu unha charla co adestrador do primeiro plantel pontevedrés, Yago Iglesias, compartindo experiencias e respontando dúbidas.
Entre os presentes estaba un adestrador da base granate, Eduardo Vargas, pero tamén un ex-futbolista do primeiro equipo do Pontevedra como Tomás Abelleira.