O árbitro pontevedrés Alejandro Muñiz ascende á Segunda División

Pontevedra
03 de xullo 2019

O colexiado pontevedrés é un dos catro ascendidos esta campaña á división de prata do fútbol nacional. Ademais a vilaboense Iria Rosende será asistente na Primeira División Feminina

Alejandro Muñiz (co balón) nun Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Fútbol-7 (ARQUIVO)
Alejandro Muñiz (co balón) nun Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Fútbol-7 (ARQUIVO) / Diego Torrado

O Comité Técnico de Árbitros de Pontevedra recibiu este martes unha estupenda noticia no informe anual do comité nacional, no que se publican os ascensos e descensos da tempada.

No mesmo aparece como un dos protagonistas é un membro da delegación de Pontevedra, Alejandro Muñiz, que a próxima tempada arbitrará na Segunda División.

O colexiado pontevedrés é un dos catro ascensos fixados á categoría de prata do fútbol nacional, premiando así o seu gran ano.

Ao longo do últimas cinco campañas Muñiz dirixiu un total de 68 encontros na Segunda División B, entre competición regular, play-out e play-off, unha experiencia que agora aos seus 28 anos valeralle para dar o salto á Liga de Fútbol Profesional, noticia moi celebrada por todo o comité pontevedrés.

 

Pero a de Alejandro Muñiz non foi a única boa nova, xa que a vilaboense Iria Rosendo será asistente na Primeira División Feminina a próxima tempada, sendo unha das sete colexiadas asistentes ascendidas á máxima categoría.