O árbitro pontevedrés Miguel Oliveira Dios, entre os candidatos ao ascenso a Segunda RFEF

Pontevedra
25 de abril 2023

Oliveira foi o único representante do Comité Técnico de Árbitros (CTA) de Pontevedra presente a pasada fin de semana nos cursos de selección para o ascenso de categoría organizados polo CTA Nacional en Madrid

Miguel Oliveira Divos (segundo pola esquerda) xunto ao resto de árbitros galegos presentes nos cursos de selección para o ascenso
Miguel Oliveira Divos (segundo pola esquerda) xunto ao resto de árbitros galegos presentes nos cursos de selección para o ascenso / Real Federación Galega de Fútbol

Un colexiado pontevedrés atópase nos candidatos ao ascenso a Segunda RFEF, a cuarta categoría do fútbol nacional.

Trátase de Miguel Oliveira Dios, único representante do Comité Técnico de Árbitros (CTA) de Pontevedra que estivo presente a pasada fin de semana nos cursos de selección para o ascenso organizados en Madrid polo CTA Nacional.

Oliveira someteuse a cinco exames, con probas físicas, test sobre regras do xogo, videotest de xogadas para determinar decisións técnicas e discilpinarias, un exame de redacción de actas e unha proba psicolóxica.

O representante do CTA de Pontevedra é un dos 55 árbitros principais que aspira ao ascenso á Segunda RFEF, estando en xogo un total de 20 prazas.

Xunto a el participaron nas xornadas outros seis colexiados gallegos: Adrián Estévez Blanco (Ourense), Iván García Rey (Ferrol) de Terceira RFEF; o asistente de Segunda RFEF Adrián López Bermúdez (Lugo); a árbitra Beatriz Torres Corral (Santiago) e as asistentes Carmen Villanueva Ansedes (Santiago) e Sarai Fernández López (Santiago), que aspiran ao ascenso á Primeira Federación do Fútbol Feminino.