Os árbitros pontevedreses celebraron este sábado a Gala de Fin de Tempada, na que a delegación en Pontevedra do Comité Técnico de Árbitros de fútbol da RFGF recoñeceu o traballo de colexiados e colexiadas ademáis das persoas colaboradoras co colectivo arbitral pontevedrés.
Na primeira parte do acto entregaron os premios aos árbitros na presente tempada así como as das 19/20, 20/21 e 21/22, que por motivo da pandemia non se pudieron entregar.
Tamén valoraron o traballo dos árbitros que ascenden en categoría nacional: Alejandro Muñiz, proposto coma árbitro FIFA; Iris Romero, que ascende a Primeira División Feminina (LigaF) e a Segunda RFEF polo Programa Élite; Miguel Oliveira, polo ascenso a Segunda RFEF; Pablo García, que ascende a Terceira RFEF; e Daniel Centeno, polo ascenso coma asistente a Terceira RFEF.
Despois da entrega de premios, desveláronse os nomes dos árbitros e árbitras que acadan as categorías de Primeira e Segunda RFGF para a tempada 23/24, e recoñeceron o traballo das persoas vinculadas á arbitraxe que se retiran ou se trasladan a outras comunidades.