O Arosa domina mesmo en inferioridade pero non pasa do empate fronte As Pontes (0-0)

O Salnés
15 de novembro 2015

Arosa e As Pontes repartíronse os puntos na Lomba nun partido dominado polos de Piscis, pero condicionado pola expulsión do lateral Marcos que fixo que os arlequinados volvesen xogar en inferioridade unha xornada máis

Partido entre Arosa e As Pontes na Lomba
Partido entre Arosa e As Pontes na Lomba / Arosa SC - Rubén Abal

Arosa e As Pontes repartíronse os puntos na Lomba nun partido dominado polos de Piscis, pero condicionado pola expulsión do lateral Marcos que fixo que os arlequinados volvesen xogar en inferioridade unha xornada máis.

Os locais tiveron as súas ocasións máis claras por medio de Adrián Camiño, nun man a man ante Marcos Souto, que salvou o meta coruñés, e nun remate de cabeza de Rivas no desconto.

As Pontes apenas se achegou á portería defendida por Jorge Pérez, que volvía tras un mes lesionado.

A pesar da inferioridade numérica desde o minuto 60, o Arosa dominou e non dió opcións ao seu rival. O empate deixa aos arlequinados na sétima posición, con 20 puntos, a catro do líder.

Consulta aquí o acta do partido.