O Arosa empata ante o Somozas (2-2) pero mantense preto dos postos altos da táboa

O Salnés
13 de xaneiro 2019

Pola súa banda, o Céltiga suma a súa novena xornada sen puntuar e o Ribadumia non é quen de gañar ao líder de Terceira, o Racing Club Ferrol

Derradeiro partido do ano para o Ribadumia e o Arosa
Derradeiro partido do ano para o Ribadumia e o Arosa / Diego Torrado

O Arosa volveu esta fin de semana á competición cun enfrontamento directo ante o Somozas. Co empate neste partido, o cadro vilagarcián consegue manterse na sétima posición coa esperanza de continuar subindo ata os postos de ascenso.

A igualdade reinou no encontro disputado na Lomba. Comezaron anotando os visitantes a escasos 7 minutos do asubío inicial por medio de Luís Nuño. Non sería ata o 33', que os de casa conseguían o empate grazas a Javi Otero. Ademais, un gol de José Javier Amat en propia porta, pouco despois do anterior, daría a vitoria provisional aos de Rafa Sáez (2-1). Parecía que ese sería o resultado co que marcharían ao descanso, sen embargo, os coruñeses lograron o empate cun tanto de Quique Cubas. A segunda metade desenvolveuse sen cambios.

Consulta a acta do Arosa-Somozas.

O Ribadumia comezou o ano este domingo cunha nova derrota ante o Racing Club Ferrol, líder de Terceira con 43 puntos. Así, os de Luís Carro suman a súa terceira xornada consecutiva sen puntuar e continúan a unha distancia perigosa dos postos de descenso.

O único gol do partido foi anotado por Juan Antonio a 5 minutos do termo da primeira metade. Durante a segunda parte destacou a igualdade entre os dous equipos e, pola súa banda, os visitantes non conseguiron chegar ao empate.

Consulta a acta do Racing Club Ferrol-CD Ribadumia.

O Céltiga continúa ancorado na zona de descenso tras sumar unha nova derrota (9 consecutivas) á longa serie que o acompaña desde o pasado mes de novembro. A última encaixouna este domingo ante o Silva, que, pola súa banda, segue pelexando por ir ascendendo aos poucos pola táboa.

Comezou bastante igualado o choque na Grela. Non foi ata o 20' da primeira metade que Javi Ben anotaba o primeiro gol do partido, poñendo ao cadro visitante por diante no marcador. E así sería ata o 41', momento no que Lorusso lograba as táboas.

Durante a segunda metade, os locais, por medio de João Paulo, marcaron dous tantos máis, o primeiro (2-1) no 73' e, finalmente, o definitivo a escasos minutos do termo (3-1).

Consulta a acta do Silva-Céltiga.