O Arosa pecha a fichaxe do futbolista do Bertamiráns Pablo Vázquez

O Salnés
24 de xuño 2014

O centrocampista convértese na terceira incorporación do conxunto arlequinado, que ademais pechou xa oito renovacións

Pablo Vázquez "Pablito" nun partido co Bertamiráns
Pablo Vázquez "Pablito" nun partido co Bertamiráns / Diego Torrado

O Arosa segue dando pasos na configuración do plantel que a próxima tempada volverá competir na Terceira División.

O club arlequinado pechou a súa terceira fichaxe, o centrocampista Pablo Vázquez "Pablito", procedente do Bertamiráns.

Pablito, de 26 anos, tamén militou nas filas do Estradense hai dous tempada en Terceira, onde chegou procedente do Boiro.

Esta fichaxe únese ás incorporacións xa confirmadas de Iago Pérez e Capelo e ás renovacións, que fan que o bloque que dirixirá Piscis empece a estar bastante definido.

Entre os futbolistas que continuarán no equipo arosista encóntranse Martín, Juanjo, Nando, Alfonso, Álex Freire, Adrián Camiño, José Ángel e Rivas.