O Arosa sofre pero vence o Barco para colocarse líder de Terceira (0-2)

O Salnés
08 de novembro 2020

O conxunto vilagarcián afrontou a cita sen catro futbolistas crave tras as baixas de  Róber, Javi Otero, Javi  Piay e Jorge Fajardo. A pesar diso, souberon agarrarse ao gol inicial e, sufrindo por momentos, lograron sumar tres puntos máis que os  aúpan ao primeiro posto da táboa

Segunda semifinal da fase de ascenso exprés á Segunda División B entre o Arosa e o Ourense
Segunda semifinal da fase de ascenso exprés á Segunda División B entre o Arosa e o Ourense /

O Arosa viaxou este domingo ao Barco de Valdeorras para disputar a cuarta xornada de liga do grupo 1B de Terceira División. 

Os arlequinados pelexaban por sumar a súa terceira vitoria consecutiva en liga tras vencer nos seus dous últimos partidos fronte á VDE Ourense (0-1) e ao Ourense CF (2-1), mentres que o Barco buscaba resarcirse da súa derrota #ante a VDE Ourense a xornada pasada.

O conxunto vilagarcián afrontou a cita sen catro futbolistas crave tras as baixas de  Róber, Javi Otero, Javi  Piay e Jorge Fajardo. A pesar diso, souberon agarrarse ao gol inicial e, sufrindo por momentos, lograron sumar tres puntos máis que os  aúpan ao primeiro posto da táboa.

O primeiro gol do partido chegou cando se alcanzaba o cuarto de hora de partido. O Arosa adiantábase cun tanto de Campillo que obrigou ao Barco para sacar a garra e buscar o empate custe o que custe.

Desta maneira, no segundo acto o conxunto local practicamente non saíu do campo dos arlequinados en busca da igualada, pero Manu Táboas, aínda que sufría en cada chegada, soubo manter a portería a cero.

Non foi ata a recta final do encontro cando os arlequinados sentenciaron. Cotilla apareceu no minuto 87 para dar aire aos seus e levar os tres puntos que estaban en xogo en Calabagueiros.

A próxima fin de semana o campo da Lomba abrirase para celebrar o encontro entre o Arosa, líder, e o Choco, quinto clasificado con sete puntos.

 

onsulta a acta do Barco-Arosa.