O Arosa tomba ao Barbadás (5-1) e engánchase á pelexa polo cuarto posto

O Salnés
14 de febreiro 2016

O cadro arlequinado mostrou a súa versión versión na Lomba goleando ao Barbadás para colocarse a catro puntos da zona de play-off de ascenso

O Arosa celebra un dos goles conseguidos ante o Barbadás
O Arosa celebra un dos goles conseguidos ante o Barbadás

A mellor versión do Arosa volveu ao campo da Lomba para meter de novo ao cadro arlequinado na pelexa por entrar no play-off de ascenso.

Os de Piscis pasaron por enriba do Barbadás desde o primeiro minuto e terminaron goleando (5-1) para colocarse a catro puntos da cuarta praza.

Canayes adiantou ao Arosa aos 14 minutos e Catoira, tras unha boa xogada colectiva, poñía o segundo só nove minutos despois encarrilando o choque.

Co 2-0 chegaríase ao descanso, e nada máis comezar o segundo acto chegaba o terceiro, obra de Vixo para evitar o intento de reacción ourensán.

A pesar diso tentou meterse no partido o Barbadás, que dispusó dunha bo ocasión que repeleu a madeira. Con todo o que chegaría sería a sentenza, xa nos últimos minutos, con tantos de Camiño e Hugo Soto, antes de que o Barbadás, no minuto 89, fixese o tanto da honra desde o punto de penalti.

Con este triunfo o Arosa colócase na sexta praza da Terceira División con 36 puntos.

Consulta aquí o acta do partido.