O Arosa volve axexar o play-off tras gañar ao Boiro e o Ribadumia empata en Ourense

O Salnés
11 de marzo 2018

Os vilagarciáns colócanse a un punto do cuarto. Villalonga e Céltiga suspenderon os seus encontros de liga na Terceira División por mor do temporal

Javi Pazos, nun partido co Arosa na Lomba
Javi Pazos, nun partido co Arosa na Lomba / Diego Torrado

Esqueceu o Arosa da mellor maneira posible o seu último tropezo en liga e volve e retomar o modo persecutorio para axexar as prazas de play-off de ascenso.

O conxunto arlequinado gustouse ante e Boiro e terminou regalando unha goleada na Lomba aos seus afeccionados. Os de Jorge Otero foron dominadores do choque desde a primeira metade, na que empezaron a decantar o resultado co tanto de Sylla á media hora de xogo.

O Boiro tiña tempo para reaccionar, pero quedou cun xogador menos no 34 e cando o tentaba chegou o segundo, un deses goles chamados psicolóxicos ao fío do descanso por medio de Javi Pazos. O pichichi do equipo repetiría no minuto 62 para finiquitar o encontro e confirmar a plácida vitoria dos de Vilagarcía.

Con este resultado o Arosa colócase quinto con 51 puntos, a só un do Racing Villalbés que pecha a zona de fase de ascenso.

Consulta a acta do Arousa-Boiro.

Sumou un punto o Ribadumia na súa visita ao estadio ourensán do Couto (0-0) ante o Ourense CF.

Os aurinegros non aproveitaron as súas oportunidades pero si lograron polo menos conservar a súa portería a cero para sumar un importante punto na carreira por evitar os postos perigosos da clasificación.

O de Ourense é o seu terceiro empate consecutivo para situarse con 34 puntos, 9 por encima do descenso directo a falta do que ocorra nos encontros aprazados polo temporal.

Consulta a acta do Ourense CF-Ribadumia.

Os equipos que non puideron disputar os seus encontros na xornada 29 da Terceira División foron tanto o Céltiga como o Villalonga, que por mor do adverso meteorolóxico víronse obrigados a aprazar os duelos que ían disputar nos seus respectivos estadios ante Barbadás e Choco.