O arosismo chora o pasamento do directivo Jose Luís Romero

O Salnés
08 de agosto 2023

O club destaca o traballo e compromiso que o directivo tivo sempre co equipo do seu corazón

Jose Luis Romero xunto ao presidente do Arosa, Manolo Abalo, na presentación do futbolista Alberto Martín Arosa SC

O Arosa SC lamenta o falecemento do directivo da entidade Jose Luís Romero.

Desde o club queren destacar o traballo e compromiso que Romero mantivo sempre co Arosa, así como o seu sentimento arosista.

A xunta directiva ha querido tamén enviar "o noso maís sentido pésame" á familia, cunha mención especial para Joaquín Romero Iglesais e Álvaro Romero Seoane. 

"Unha agarimosa aperta aos seus familiares e achegados", conclúe o comunicado compartido en redes sociais.