O Arxil anuncia a renovación de Aldara Vázquez, un 'comodín' que cumprirá 23 anos no club

Pontevedra
08 de agosto 2023

A canteirá, que compaxinará presenzas no primeiro e segundo equipo da entidade, seguriá ademais colaborando co Arxil como fisioterapeuta

Aldara Vázquez, no partido de Liga Femenina 2 entre Arxil e Magec Tías no CGTD
Aldara Vázquez, no partido de Liga Femenina 2 entre Arxil e Magec Tías no CGTD / Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil segue a debullar como será a confección do seu plantel para a próxima tempada, na que volverá competir na Liga Feminina 2.

Tras anunciar previamente a renovación de seis xogadoras importantes como Heather Forster, Andrea Glomazic, Mirian García, Nerea Liste, Nena Trajchevska e Cristina Díaz-Pache, este martes tocoulle a quenda a un dos 'comodíns' do club.

Aldara Vázquez seguirá vinculada un ano máis ao Arxil. Será a súa tempada 23, entre as diferentes categorías, e farao como peza da que botar man tanto para o primeiro equipo de Liga Feminina 2 como para o filial de Primeira Nacional. 

Ademais seguirá colaborando coa entidade co seu labor de fisioterapeuta.

"Espero poder xogar máis e competir por pelexar esta en a fase de ascenso á Liga Challenge, e co Arxil Mafari Café tentar dar un salto de calidade no equipo e ser máis competitivas", asegura a canteirá, que nas últimas semanas sumou unha importante experiencia formando parte do staff da selección absoluta masculina de Costa do Marfil na súa preparación para o Mundial.