Carolina Riveiro tamén seguirá no Arxil

Pontevedra
14 de agosto 2023

A portuguesa é a oitava peza confirmada do equipo pontevedrés para a súa nova tempada na Liga Feminina 2

Carolina Riveiro, no partido entre CB Arxil e Tirso Intercentro no CTGD
Carolina Riveiro, no partido entre CB Arxil e Tirso Intercentro no CTGD / Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil dará continuidade ao bloque co que a pasada tempada pelexou na Liga Feminina 2 polo ascenso de categoría.

Tras un bo número de renovacións anunciadas xa en datas recentes, este luns tocoulle a quenda á confirmación da continuidade de Carolina Riveiro.

A xogadora portuguesa é a oitava peza confirmada no conxunto verde, uníndose a Margarita Moreira, Heather Forster, Andrea Glomazic, Mirian García, Nerea Liste, Nena Trajchevska e Cristina Díaz-Pache, ademais da canteirá Aldara Vázquez que compaxinará presenzas no primeiro equipo e no filial.

Riveiro é ademais unha xogadora importante na rotación de Mayte Méndez, como demostran os seus números do curso pasado, que pechou con 11,4 puntos de media e 29,15 en cancha por partido.

Ademais destes movementos o Arxil espera pechar nos próximos días a fichaxe dunha xogadora "nova, con moita progresión, con calidade e nacional", explicaron desde o club pontevedrés.