O Arxil brilla en Coruña e faise co derbi (74-90)

Pontevedra
19 de marzo 2022

O Club Baloncesto Arxil brillou esta fin de semana no derbi ante o Maristas Coruña para facerse cunha importante vitoria por 74-90. Ruth Adams con 25 puntos, Buzadzin con 24 e Forster con 18, lideraron ao conxunto pontevedrés para levar o triunfo en Coruña

Partido de Liga Femenina 2 entre Arxil e Maristas Coruña no CGTD
Partido de Liga Femenina 2 entre Arxil e Maristas Coruña no CGTD /

O Club Baloncesto Arxil brillou esta fin de semana no derbi ante o Maristas Coruña para facerse cunha importante vitoria por 74-90.

Ruth Adams con 25 puntos, Buzadzin con 24 e Forster con 18, lideraron ao conxunto pontevedrés para levar o triunfo en Coruña.

Brillaron no primeiro cuarto as xogadoras de Mayte Méndez, anotando un 12-27 que deixaba o partido case encarrilado.

Tentou o Maristas reducir distancias por medio de Griffin, a mellor do conxunto local con 27 puntos, pero o Arxil estaba a ser moi superior e tiña o partido baixo control cando se alcanzou ao descanso (33-45).

Despois do paso polos vestiarios o partido quedou visto para sentenza. O cadro pontevedrés seguiu brillando anotando todo o que tivo (50-71).

Aínda que o Maristas fixo o seu mellor cuarto no últimos dez minutos, o Arxil xa se levou o partido ao seu terreo e gañou por 74-90.

Consulta as estatísticas do Maristas Coruña-CB Arxil