O Arxil busca a súa primeira vitoria na visita do Ibaizábal ao CGTD

Pontevedra
26 de outubro 2018

O club pontevedrés confía na súa melloría para estrearse esta tempada na Liga Feminina 2 e deixar así as tres derrotas coas que iniciou a competición. O encontro xogarase este sábado (19:30 horas) no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Partido entre Cortegada e Arxil en Fontecarmoa
Partido entre Cortegada e Arxil en Fontecarmoa / Diego Torrado

Non empezou a tempada como esperaba o Club Baloncesto Arxil, que este sábado terá unha nova oportunidade de estrear o seu marcador de vitorias na Liga Feminina 2 na visita do GDKO Ibaizábal.

O conxunto verde afronta a cita sen baixas e coa intención de mellorar no seu xogo despois de tres semanas complicadas.

"Temos que estar moi ben a nivel defensivo e no rebote para poder frealas, que o partido sexa competitivo e igualado ata o final", sinalou desde o club Lino Vázquez.

Pola súa banda o equipo vasco, que a pasada campaña meteuse na pelexa polo ascenso á máxima categoría, chega a Pontevedra desde o noveno posto e cun  balnce provisional dunha vitoria e dúas derrotas nas primeiras xornadas de liga.

O encontro dará comezo ás 19:30 horas do sábado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.