Fichaxe de nivel para o novo proxecto do Club Baloncesto Arxil, que se fixo cos servizos da venezolana Waleska Pérez.
Trátase dunha base de 22 anos que destaca pola súa versatilidade, xa que pode actuar tamén como escolta e mesmo alero, e que se espera achega un plus de calidade a un plantel que quere volver pelexar polos postos de honra na Liga Feminina 2.
Waleska Pérez, a pesar da súa mocidade, converteuse nunha das pezas máis importantes da selección venezolana, con quen no recente Campionato Suramericano foi subcampiona alcanzando 16,2 puntos, 6,2 rebotes e 5,4 asistencias por partido.
"Cumpría o perfil de ser unha xogadora que fose base e que puidese actuar de dous e de tres co seu metro oitenta de altura", sinalou o directivo arxilista Lino Vázquez tras confirmar a fichaxe.
Ademais "con Waleska gañamos control de balón" e caracterízase por ter un "bo tiro", completou o directivo pontevedrés.