O Club Baloncesto Arxil xa coñece o camiño que lle espera nunha nova tempada na Liga Feminina 2, na que competirá no Grupo A xunto a equipos galegos, asturianos, castelán-leoneses, vascos e cataláns.
O cadro pontevedrés iniciará a competición o sábado 1 de outubro na casa, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, cun derbi autonómico ante o Durán Maquinaria Ensino lugués.
Tras ese encontro as verdes deberán xogar dúas semanas seguidas a domicilio, ante o ADBA Avilés na segunda xornada e o Juventut Les Corts barcelonés na terceira.
Ademais de empezar na casa, as pupilas de Mayte Méndez tamén pecharán a liga regular como local, recibindo o 8 de abril ao Universidade de Oviedo (consulta aquí o calendario completo da Liga Feminina 2).
Desvelado o calendario, o Arxil traballa agora na planficicación do plantel e da pretempada, que ten previsto iniciar a última semana de agosto e na que, polo menos, pretende xogar partidos amistosos ante rivais da súa categoría como o propio Ensino, Celta e Cortegada.