O Arxil gaña o León nun apretado final (75-70)

Pontevedra
26 de febreiro 2022

O Club Baloncesto Arxil volveu a gañar para seguir con boas sensacións para a fase polo ascenso. O conxunto adestrado por Mayte Méndez venceu ao BF León por un axustado 75-70

Partido de Liga Feminina 2 entre CB Arxil e BF León
Partido de Liga Feminina 2 entre CB Arxil e BF León / Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil volveu a gañar para seguir con boas sensacións para a fase polo ascenso. O conxunto adestrado por Mayte Méndez venceu ao BF León por un axustado 75-70.

Foi un partido do todo igualado no que o conxunto visitante tomou as rendas para poñerse co marcador ao seu favor ao final do primeiro cuarto (17-20) no que o Arxil chegou a poñerse con seis puntos de vantaxe que foron neutralizados polas leonesas.

A seguridade do as verdes foise esfumando co paso dos minutos, cometendo erros de fronte ao aro o León soubo castigar ampliando a renda (21-28). Parou o tempo Mayte Méndez e deu coa tecla para reducir ao seu rival, grazas á habituais Ruth Adams (20 puntos) e Buzadzin (29 puntos) que empataron a contenda para chegar ao descanso cun marcador de 37-37.

A igualdade volveu ser aínda máis predominante co paso dos minutos, e é que ningún equipo quería deixar escapar a vitoria. Anotaba Arxil e respondía da mesma forma León, incapaces de sacar adiante o partido con claridade e deixando todo por decidir no último cuarto (56-55).

Foi nese momento cando os pequenos detalles foron os protagonistas, chegando ao último minuto cun empate a 68-68. Soubo administrar ese tempo o conxunto pontevedrés, que con María Lago, Ruth Adams, e Buzadzin fíxose cunha vitoria tan sufrida como valiosa (75-70)

Consulta as estatísticas do Arxil-León