Ten motivos o Club Baloncesto Arxil para presumir de canteira, especialmente tras o recente ascenso conseguido polo seu equipo infantil á máxima categoría autonómica.
Na fase final polo ascenso, o club pontevedrés impúxose no seu primeiro encontro ao Maristas da Coruña por 57 a 48 facéndose cunha das prazas da Primeira División Galega que se poñía en xogo.
Con este éxito o Arxil pasou a engrosar a selecta lista de clubs con equipos en todas as ligas de primeira división a nivel autonómico, xunto ao Cortegada de Vilagarcía e o propio Maristas.
Desta forma na campaña recentemente estreada o club pontevedrés contará con equipos nas primeiras divisións galegas senior, junior, cadete, infantil e minibasket.
Unha recompensa para un corpo técnico no que traballan sen descanso Paula de la Vega, Ana Gómez, Sara Gómez, Marita Janeiro, Nerea Corredera, Milagros Sanmartín, Marina Ramírez, Tino Acebo e tamén Mayte Méndez, adestradora do primeiro equipo.
Completan esta campaña a estrutura do club os preparadores físicos Magín Mendez e Javier Besada, ademais de Marina Ramírez, e os fisioterapeutas David Rocha, Cristina Díaz-Pache e Aldara Vázquez.