Por segunda semana consecutiva o Club Baloncesto Arxil tropezou na mesma pedra, que lle supuxo encaixar unha nova derrota na Liga Feminina 2.
O club pontevedrés non puido repoñerse dun desastroso segundo cuarto, cun parcial de 24-8 na súa contra, e terminou cedendo ante o Ensino de Lugo (67-57), nun guión similar ao ocorrido no CGTD contra o Celta.
O choque comezou con extrema igualdade entre ambos os equipos, cun 14-14 no primeiro cuarto, pero as de Mayte Méndez baixaron o pistón defensivo no segundo parcial o que unido á súa falta de acerto o ataque fíxoas marchar ao descanso cun claro 38-22 en contra.
O certo é que as verdes non atoparon a fórmula para deter á irlandesa O'Dwyer, que as esnaquizou cunhas impresionantes estatísticas de 25 puntos e 18 rebotes con 40 de valoración.
Tras o descanso o Arxil tentou meterse de novo no partido e conseguiu igualar o xogo, pero non así o resultado, e as pontevedresas aínda que se impuxeron minimamente nos dous cuartos restantes só puideron quedar a 10 puntos do seu rival.
Arantxa Mallou, con 18 de valoración grazas aos seus 14 puntos e 13 rebotes, foi a xogadora arxilista máis destacada xunto a María Lago (21 puntos e 15 de valoración). Ademais Tatiana Mosquera sumou con 12 puntos e 17 rebotes.
Con este resultado o Arxil queda estancado na zona media da táboa cun balance dúas vitorias e dúas derrotas.
Consulta as estatísticas do Durán Maquinaria Ensino- Club Baloncesto Arxil.