O Arxil quere trasladar o seu bo momento ás bancadas do CGTD

Pontevedra
03 de novembro 2016

O equipo pontevedrés, terceiro na calsificación da Liga Feminina 2 de baloncesto tras un sobresaliente inicio de tempada, recibe este sábado (19:30 horas) ao Celta nun derbi que se prevé emocionante 

Partido de Copa Galicia entre Arxil e Celta no CGTD
Partido de Copa Galicia entre Arxil e Celta no CGTD / Diego Torrado

O Club Baloncesto Arxil quere trasladar ás bancadas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva o bo momento que vive na Liga Feminina 2.

O club pontevedrés, tras un sobresaliente inicio de tempada, ocupa a terceira praza da clasificación con catro vitorias e unha derrota nas cinco xornadas disputadas, e quere manter esa condición de privilexio coa axuda do seu público.

Este sábado (19:30 horas), as verdes reciben na súa cancha o Celta nun derbi que se prevé emocionante. Aínda que as viguesas acumulan un balance de 2-3 en contra, espérase un duelo igualado e ademais cunha carga especial para moitas xogadoras, que militaron nos dous equipos.

O Arxil espera a presenza de afeccionados visitantes e por iso traslada un chamamento aos seus seguidores.

Aínda que a situación é completamente diferente á de pretempada, o choque conta co precedente da Copa Galicia, o pasado mes de setembro, cando o Celta impúxose por un apertado 60-61

O partido poderase seguir en directo por streaming a trabés da canle da Federación Española de Baloncesto, CanalFEB.tv.