O ascenso do equipo feminino da Gimnástica pasa por Cáceres

Pontevedra
26 de maio 2016

A Real Federación Española de Atletismo elixiu Cáceres como sede da Final da 2ª División de Feminina, na que o club pontevedrés buscará o ascenso que rozou cos dedos a pasada campaña

Trofeo Sociedad Gimnástica de atletismo
Trofeo Sociedad Gimnástica de atletismo / Daniel Santomé

A Sociedad Gimnástica xa coñece a sede da Final de 2ª División Feminina, na que buscará o ascenso que se lle escapou por moi pouco a pasada tempada.

A Real Federación Española de Atletismo comunicou aos equipos que a competición se disputará en Cáceres.

Na cidade estremeña a Gimnástica partirá na segunda posición do ránking segundo o establecido no estadillo de marcas, só superado polo ADAS do Barco.

Na final, que se celebrará o domingo 12 de xuño, ascenderán os dous primeiros clasificados, nunha competición na que participan os oito mellores clubs da categoría.

Ademais do ADAS e a Gimnástica tomarán parte da fase final: Bahía Algeciras, Perceiana-Extremadura, Clínicas Rincón Vélez, AD Gijón, Sekulebedarra Kirol e At.Safor.