O ascenso escápase por só tres puntos para o equipo feminino da Gimnástica

Pontevedra
15 de xuño 2015

As pontevedresas finalizaron terceiras na final da Segunda División celebrada en Soria

Equipo feminino da Gimnástica na Final da Segunda División Sociedad Gimnástica

Cos dedos rozou o ascenso o equipo feminino da Sociedad Gimnástica na final da Segunda División disputada en Soria.

As pontevedresas quedaron a só tres puntos de lograr o obxectivo e gañar unha praza en Primeira División, pero víronse finalmente superadas polo Lucus de Lugo (119 puntos) e o Monzón (104).

Durante gran parte da competición a Gimnástica ocupou os lugares de privilexio grazas ao triunfo parcial de Eva Iglesias nos 5 quilómetros marcha e aos segundos postos de ÁngelesFilgueira en xavelina, Esperanza Caldas nos 200 metros, Rocío Rodríguez nos 1.500, Irimia Mollinedo en lanzamento de martelo e Clara Gil en pértega. Tamén se subiu ao podio Sandra Carballo, terceira nos 100 metros valos.

Tras a Gimnástica, que finalizou con 101 puntos, remataron Vélez Málaga (85), Extremadura (80), Bahía Algeciras (77), Vila de Cangas (73) e El Garbi (72).