O Atlético Arousana suma os seus primeiros tres puntos esta tempada ante un Victoria FC minguado polas baixas (2-0)

O Salnés
23 de xaneiro 2021

Primeira vitoria para o Atlético Arousana esta tempada. O cambio de adestrador nas filas das de Vilagarcía fíxoas cambiar o rumbo para sumar o primeiros tres puntos en liga ante un mermado Victoria FC que chegaba á cita minguado polas baixas de catro xogadoras clave e que tentou facer o seu xogo nun campo sempre complicado. Sen présa e con moita pausa saíu ao campo da Lomba o equipo de Santiago, que se viu sorprendido con dous goles de Dini en pouco máis de dous minutos e quedou sen tempo de reacción

Miri Señoráns no partido do Atlético Arousana contra o Viaxes Interrías
Miri Señoráns no partido do Atlético Arousana contra o Viaxes Interrías / Almu Dapena

Primeira vitoria para o Atlético Arousana esta tempada. O cambio de adestrador nas filas das de Vilagarcía fíxoas cambiar o rumbo para sumar o primeiros tres puntos en liga ante un mermado Victoria FC que chegaba á cita minguado polas baixas de catro xogadoras clave e que tentou facer o seu xogo nun campo sempre complicado. Sen présa e con moita pausa saíu ao campo da Lomba o equipo de Santiago, que se viu sorprendido con dous goles de Dini en pouco máis de dous minutos e quedou sen tempo de reacción.

O temporal deu unha tregua para a disputa do encontro correspondente á xornada 11 de Primeira Nacional. Aínda que o terreo de xogo estaba encharcado e non permitía trenzar xogadas, as santiaguesas eran as que tiñan as posesións máis longas e gozaban dalgunha que outra ocasión pero sen perigo para a porteira local.

O Arousana tívoa cunha xogada illada no minuto 8 tras rn tiro afastado de Dini, pero Beli atallou sen problemas. Minutos máis tarde, o Victoria tentouno de falta pero o disparo de Ánxela foise pola liña de fondo.

Cando se alcanzaba a medianía de xogo, as visitantes tiveron a mellor ocasión tras un erro defensivo de Falcón, que deixou o balón morto ao bordo da área e a dianteira santiaguesa tirou de primeiras obrigando a intervención, en dous tempos, de Iria Ferreiro. Respondeu ao pouco tempo o Arousana cun tiro desde fóra da área de Miri Señoráns pero foise por encima da portería de Beli.

O partido non parecía ter un claro dominador. Aínda que a posesión e a maior parte das chegadas a área rival eran do Victoria, parecía que o Arousana podía facer dano con xogadas illadas. Sen máis, alcanzouse o último minuto de tempo regulamentario e chegou a polémica. Arufe pasou o balón a Iria, que colleu o esférico coas mans provocando unha cesión que o colexiado non considero como tal, provocando as queixas das xogadoras de Santiago na que ía ser a última xogada da primeira metade.

Tras o paso polos vestiarios, o dominio do esférico cambiou de bando e comezaron a dominar as de amarelo, que tentaban abrir a lata con disparos afastados de Melani. Pola súa banda, o Vitoria non tiña présa por chegar á área rival e cada vez que roubaba o balón, tentaba mantelo no seu poder o maior tempo posible pero sen xerar perigo. Puido abrir a lata o Victoria no minuto 73 cunha falta lateral tras unha man da porteira local fose da área pero o centro foi rexeitado pola defensa arousá.

Coas longas posesións non se xeraba ningún perigo e o Arousana deuse conta. Así, empezou a optar por enviar balóns longos e nun visto e non visto fixéronse donas do marcador. Dini, por partida dobre e en pouco máis de dous minutos, puxo o 2-0 no partido e rompeu os esquemas dun Victoria ao que quedaban 10 minutos para remontar.

Puido recortar distancias Anxela no minuto 86 co lanzamento dunha falta ao bordo da área pero a estirada de Iria Ferreiro evitouno. Outra vez Ánxela tentouno de libre indirecto cando o colexiado, esta vez si, viu a cesión en área local cando se alcanzaba o tempo de prolongación pero o disparo deu na barreira.

Finalmente, 2-0 e primeiros tres puntos para un Atlético Arousana que busca escapar dos postos de descenso.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora