O atletismo galego apúntase ás charlas informativas 'online'

Pontevedra
22 de abril 2020

O responsable dos servizos xurídicos da Federación Galega de Atletismo, Rafael Alonso, será o encargado de inaugurar unha serie de charlas virtuais de actualidade relacionadas co Covid-19

Ciclo de charlas informativas da Federación Galega de Atletismo
Ciclo de charlas informativas da Federación Galega de Atletismo / Federación Galega de Atletismo

A crise sanitaria provocada pola irrupción do coronavirus trouxo consigo moitas dúbidas aos deportistas e clubs, nun momento de moita incerteza.

Ante esta situación a Federación Galega de  Atlejtismo organizou unha serie de encontros virtuais con profesionais especializados en  direferentes aspectos como a economía, a saúde, a xestión ou a planificación.

O encargado de inaugurar estas charlas será o responsable dos servizos xurídicos da federación deportiva autonómica, Rafael Alonso.

Segundo explica a Federación, está previsto que Alonso fale de aspectos relacionados coas consecuencias económicas da pandemia en clubs, adestradores e deportistas, e como as medidas excepcionais aprobadas polo Goberno poden afectar os procedementos administrativos.

O ciclo de charlas celebrarase cada venres ás 20:30 horas a través do Facebook Live da Federación Galega de Atletismo, e nelas será posible expor dúbidas e preguntas a cada un dos participantes.