Pontevedra, convidada as charlas telemáticas 'Fagamos do Tríatlon un Deporte Seguro' que organiza a FETRI

Pontevedra
02 de maio 2020

O ciclo de charlas, que comeza o luns 4 de maio ás 19:00 horas, contará coa participación do xefe do Servizo Municipal de Deportes, Jaime Agulló, e co director xeral de Emerxencias do Concello de Pontevedra, Daniel  Macenlle

Cartel do ciclo de charlas 'Fagamos do Tríatlon un Deporte Seguro'
Cartel do ciclo de charlas 'Fagamos do Tríatlon un Deporte Seguro' / FETRI

O luns 4 de maio ás 19:00 horas, darán comezo as charlas organizadas pola Federación Española de Tríatlon (FETRI) baixo o título 'Fagamos do Tríatlon un Deporte Seguro'.

Nesta inauguración, participarán o xefe do Servizo Municipal de Deportes, Jaime Agulló, e o director xeral de Emerxencias do Concello de Pontevedra, Daniel Macenlle, e explorarán por videoconferencia as súas experiencias dentro da faceta organizadora de eventos e a súa visión respecto a as competicións de tríatlon enfocándose no ámbito da seguridade.

Este ciclo de charlas, coordinadas polo director de competicións da FETRI, Jorge García, contará cun persoal de expertos de entidades e firmas procedentes doutros puntos de España. Entre eles atópanse o presidente da Federación de Tríatlon de Castela e León, Amancio Castelo; o director de Operacións Ironman South EMEA, Ferrán Giménez, e o responsable de Lactus Sport, Víctor Martínez, que formarán mesa con Agulló e Macenlle na primeira conferencia.

A inscrición é gratuíta e aberta a todo aquel que estea interesado ata cubrir as 500 prazas que se ofertan. Para participar hai que inscribirse a través da páxina web da FETRI ou no formulario de inscrición.