A Cañota volverá vivir unha xornada do mellor boxeo autonómico o vindeiro sábado, 14 de novembro, a partir das 21:30 horas.
O Team Thunder de Marín organizou unha reunión con nove combates previstos, oito de boxeo olímpico e un de boxeo francés (savate). Ademais completará a xornada unha 'master class', de 17:30 a 20:00 horas, do tricampión de España e campión de Europa profesional Aitor 'Diamante' Nieto.
Abrirá a noite o púxil local Raúl Ubeira contra David Fontaiña (CAMM Cerceda), no debut de ambos no boxeo olímpico.
Despois pelexarán Mario Peteiro (Team Thunder) contra Pablo Villarreal (Arenal), Javi Amoedo (Team Thunder) contra Luís Montada (Sagabox Ponteareas), Santi Alonso (Sagabox Vigo) contra Basilio Pazos (Arenal), o combate de savate entre Alberto Loureiro (Simón) e Ramiro Brey (Novo Milladoiro), Alba Pedrosa (Team Thunder) contra Lara Trasende (CAMM Cerceda) e Abel Ferreira (Team Thunder) contra Óscar Branco (Novo Milladoiro).
Tras estes combates, pecharán a reunión os pratos fortes, o enfrontamento entre dúas das mellores boxeadoras nacionais, a leonesa María Perrino e a viguesa Rocío Suárez, e o combate do marinense Aarón González (Team Thunder) contra Domingo Mulas (Knockout Salamanca).
As entradas, que poden adquirise anticipadamente en Galiastursalud, Café Nave e Five Sport, a un prezo de 10 euros, 12 euros no despacho de billetes do pavillón.