Cheo absoluto no pavillón da Cañota, en Marín, para gozar da velada de boxeo olímpico organizada polo Team Thunder.
Durante a noite estaban previstos nove combates, oito de boxeo olímpico e outro de boxeo francés (savate).
Os asistentes puideron gozar das evolucións das promesas locais, como Mario Peteiro, Rubén Ubeira, Javi Amoedo, Abel Ferreira e Alba Pedrosa, ademais do máximo representante do club, Aarón González.
Completou a xornada, previamente á velada, unha 'master class', de 17:30 a 20:00 horas, do tricampión de España e campión de Europa profesional Aitor 'Diamante' Neto.