O Campionato de España Infantil, un premio para o Waterpolo Pontevedra

Pontevedra
05 de xullo 2016

O Club Waterpolo Pontevedra disputou o Campionato de España Infantil por Clubs desde o 30 de xuño ao 3 de Xullo en Elxe

Equipo infantil do Waterpolo Pontevedra en Elxe
Equipo infantil do Waterpolo Pontevedra en Elxe / Club Waterpolo Pontevedra

Como un premio de final de tempada. Así encarou o equipo infantil do Waterpolo Pontevedra a súa participación no Campionato de España celebrado en Elxe.

Os pontevedreses acudiron á cita como subcampións galegos e dispostos a seguir dando pasos na súa aprendizaxe enfrontándose a equipos de todo o territorio nacional que, na maioría de casos, supéranlle en nivel.

Un total de 24 equipos déronse cita no campionato, finalizando os pontevedreses no posto 16.

Na primeira fase o Waterpolo Pontevedra impúxose a Gymnapolis Soller (Baleares) e perdeu ante o RCN Vigo, pasando aos cruces como segundo de grupo.

Unha vez nas eliminatorias víronse superados por un dos favoritos ao título, o CN Mataró, por 4-17. Tras a derrota, e na loita por quedar na mellor posición posible, xogaron tamén anye CN Caballa, ante o que cederon por un apertado 7-8; Askartza Leioa, contra o que tamén perderon por 1-5; e CN Godella, que lles remontou para gañar sobre a bucina.

Con todo a experiencia resultou dos máis positiva para o grupo de 14 deportistas desprazados a Elxe: Uxía Ferreiro, Irene Esteban, Víctor Vidal, Alejandro Andión, José Antonio Aguado, Lucas Puy, Luis Millán, Diego Touriño, Hugo Arceo, Xandre Aboal, Raúl Martínez, Alejandro Millán, Jonás Abad y José Enrique Fernández, acompañados polos seus técnicos Enrique García e Juan Rodríguez.