O Campionato de España xuvenil, reto para un ambicioso Waterpolo Galaico

Pontevedra
02 de xullo 2015

O equipo xuvenil do club pontevedrés viaxa ás Palmas co obxectivo de lograr unha das dúas prazas en xogo para a fase final da competición  

Equipo xuvenil do Waterpolo Galaico CW Galaico

O equipo xuvenil do Waterpolo Galaico afronta con ilusión esta fin de semana a súa participación no Campionato de España de Segunda Categoría.

Os pontevedreses desprázanse ás Palmas de Gran Canaria co obxectivo de acabar entre os oito primeiros pero cun ollo posto en gañarse unha praza para a fase final, que se disputa en Barcelona a finais de xullo, para o que é necesario terminar entre os dous primeiros.

En Canarias o Galaico medirase a outros 11 equipos nunha competición que comeza o venres 2 de xullo e conclúe o domingo 5.

Os rivais do conxunto pontevedrés na primeira fase serán CW Castelló e Gymnápolis Soller de Baleares, clasificándose para as eliminatorias os dous primeiros do grupo.

A convocatoria do Waterpolo Galaico compóñena: Raúl Viceiro, Juanjo Roca, Iago Facal, Luis Mosquera, Mauro Rivas, Héctor Velasco, Aarón Tellería, Xoán González, Artai Poses, Jacobo Baltasar e Rubén Rodríguez, xunto aos técnicos Javi de Sáa e Juan Rodríguez.