O Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra acolle desde este xoves e ata o domingo 22 de xullo una das grandes citas do ano na natación autonómica, o Campionato Galego Absoluto, Junior e Infantil de Verán.
Desde a primeira sesión a piscina olímpica pontevedresa vestiu as súas mellores galas, con máis de 400 nadadores inscritos de 27 clubs.
O conxunto anfitrión, o Club Natación Galaico, domina desde o inicio as clasificacións das categorías absoluta e junior. Na primeira delas finalizou a primeira xornada con 196 puntos polos 148 do CN Liceo e os 131 puntos do Pabellón Ourense, mentres que na junior acumulaba 139 puntos, o CN Liceo 126 e o RCN Vigo 112.
Ademais nas primeira sesións batéronse catro mellores marcas galegas, entre elas a lograda por Clara Otero (Galaico) en 50 costas (31.01 nunha das probas de remudas), que supón o mellor tempo dunha nadadora de 18 anos.
A competición continuará a ritmo de dobre sesión (9:30 e 17:30 horas) ata o seu peche na tarde do domingo.