Tras o seu positivo papel no Campionato de España en Piscina Curta, con cinco medallas para Bea Gómez Cortés e unha décimo quinta praza por equipos en categoría feminina, o Club Natación Galaico afronta un novo reto en piscina de 25 metros.
Dende este venres 19 de decembro e ata o domingo 21 o club pontevedrés afrontará o Campionato Galego de Inverno coa intención de pelexar polo primeiro posto por equipos.
Para iso o Galaico desprazará ata a piscina compostelá de Santa Isabel a 32 nadadores e dous adestradores, que competirán ante outros 24 clubs da Comunidade.
A convocatoria encabézaa a propia Bea Gómez e complétana: Alicia Conde, Paula Goyanes, Laura Paola Montes, Cristina García, Nuria García, Iria García, Ana Pérez, Itziar Aranguren, Nerea Rodiño, Xenia Vilariño, Águeda Cons, Sara Fernández, Nuria Erselle, Inés Gómez, Lara Gómez, Carmen Gómez, Lucía González, Luis MIguel Velasquez, Miguel Ángel Garrido, Iago Lorenzo, Juan David Hernández, ÿscar Guimeráns, Cristian Fernández, Borja Gulias, Guillermo Soto, André González, Anxo Martínez, Jacobo Ucha, Tomás Bouzas, Daniel Sánchez e Sebastián Rodríguez.
Por outra parte o sábado 20 no Complexo Deportivo Rías do Sur acollerá a terceira xornada da liga alevín e benxamín e a segunda xornada da liga promesas, xuntando un total de 120 nadadores na instalación lerezana.