O inicio da tempada deportiva traerá consigo a volta á actividade no campo de fútbol da Xunqueira, tras as obras de remodelación das que foi obxecto para renovar a herba sintética.
Un dos últimos trámites antes da entrega da obra foi a visita de inspección realizada este martes para poder obter a acreditación FIFA Quality.
O campo de fútbol da Xunqueira é unha das instalacións deportivas máis utilizadas do municipio, dando servizo a varios clubs da cidade
O proxecto de renovación das instalacións foi adxudicado no seu momento á empresa Mecano Sport por un importe de 272.243,14 euros.