O Céltiga sálvase 'en diferido' e seguirá en Terceira División

O Salnés
28 de maio 2017

O ascenso do Deportivo B á Segunda División B, tras gañar este domingo ao Cacereño en Riazor, salva do arrastre ao conxunto da Illa, que permanencerá así un ano máis en Terceira

Partido entre Villalonga e Céltiga en San Pedro
Partido entre Villalonga e Céltiga en San Pedro / Diego Torrado

En diferido. Así logrou a permanencia este domingo o Céltiga na Terceira División. O cadro da Illa quedou condenado na última xornada de liga á praza de arrastre polo descenso do Somozas a Terceira, polo que era virtualmente equipo de Preferente.

Necesitaban pois o ascenso dun dos equipos galegos involucrados no play-off, e á primeira ocasión tocoulles o premio.

O campión da Terceira galega, o Deportivo B, venceu este domingo ao Cacereño en Riazor (2-0) grazas aos goles de Borja Galán e Queijeiro certificando o seu regreso á categoría de bronce do fútbol nacional.

Desta forma o Céltiga recupera o seu lugar en Terceira División, pero non foi o único conxunto beneficiado polo resultado do Deportivo B, xa que o San Martín de Vilaxóan salvarase á súa vez da queima en Primeira Rexional, categoría na que voverá a competir a próxima tempada.