O CGTD estrea bancada cuberta

Pontevedra
24 de decembro 2016

Concluídos os traballados de instalación da cuberta e pintado, a bancada poderase utilizar desde o vindeiro martes 27 de decembro

Nova grada cuberta do Centro Galego de Tecnificación Deportiva CGTD

Foi durante moito tempo unha das grandes demandas de deportistas e afeccionados que acudían con frecuencia ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva e ao fin é unha realidade.

A pista de atletismo do centro pode presumir xa de bancada cuberta, unha vez concluídos os traballos de instalación e os últimos retoques, como o pintado da instalación.

Desta forma, e a partir do próximo martes 27 de decembro, a bancada abrirase ao público.

Para a construción da cuberta destináronse algo máis de 30.000 euros.