A Real Federación Española de Atletismo confirmou a sede e configuración da primeira xornada das ligas nacionais de División de Honra e Primeira División.
Nesta segunda categoría, na que a Gimnástica aspira a pelexar polo ascenso co seu equipo feminino, terá como unha das súas sedes o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD).
O club pontevedrés exercerá por tanto de local, como o fixo antes da pandemia dous anos consecutivos (2018 e 2019), nunha xornada na que se enfrontará ao Atletismo Feminino Celta, Oviedo e AD Marathon.
Pola súa banda o equipo masculino de División de Honra iniciará o seu camiño unha tempada máis na máxima categoría, coa meta de manterse, cunha xornada que terá lugar en Soria co Atletismo Numantino como conxunto organizador. Completan o cartel a Real Sociedad e o AD Marathon.
En ambos os dous casos a competición está fixada para o sábado 30 de abril.