O ciclismo pontevedrés, de loito polo falecemento de Magín Froiz: "Déixanos un gran baleiro"

Pontevedra
10 de marzo 2022

"Non temos palabras para este momento. Foise o fundador de todo, do equipo ciclista, da empresa Supermercados Froiz, un home que non lle cabía o corazón no peito, bondadoso ata ninguén saber canto", sinalou o equipo ciclista a través das súas canles de comunicación oficiais

Magín Froiz, durante a presentación do Supermercados Froiz na tempada do seu 30 aniversario Mónica Patxot

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz acaba de iniciar a súa 34º tempada dentro do pelotón ciclista nacional elite e sub-23, o que lle mantén como a segunda escuadra máis lonxeva de España tras o Café Baqué. Toda unha demostración de aposta polo deporte da bicicleta mantido no tempo, desde que Evaristo Portela propuxo a Magín Froiz estampar o logotipo da empresa de alimentación na camisola do seu equipo de ciclocrós.

Máis de tres décadas despois daquilo e convertido no mellor equipo ciclista nacional afeccionado por palmarés, o Supermercados Froiz chora este xoves 10 de marzo o falecemento do seu patrón, Magín Froiz.

"Non temos palabras para este momento. Foise o fundador de todo, do equipo ciclista, da empresa Supermercados Froiz, un home que non lle cabía o corazón no peito, bondadoso ata ninguén saber canto", sinalou o equipo ciclista a través das súas canles de comunicación oficiais.

Unha perda que "nos deixa un gran baleiro", conclúen despedindo a unha figura moi importante no mundo do deporte pontevedrés.